O TEMPO EN CANGAS

viernes, 25 de octubre de 2013

Dramatización



Narrador 1: Ola nenos e nenas do Colexio Casa de la Virgen . Sabedes que día é hoxe?
Narrador 2: Pois hoxe é martes, 27 de novembro, se non me equivoco.
Narrador 1: Si , si ... non te equivocas, pero non é un martes calquera. Hoxe é un día especial.
Narrador 2: Especial por que? É o teu aniversario?
Narrador 1: Non, pero é un día de festa.
Narrador 2: Que imos facer unha festa? Pois que ben!
Narrador 1: Si, faremos unha festa. Hoxe temos que estar contentos porque celebramos o día da Milagrosa.
Narrador 2: Hai moitos anos, en 1830, a Virxe aparecéuselle a Santa Catalina. Así comezou esta bela historia, sen dúbida unha tenra historia de amor cara aos máis pobres.
Narrador 1: Mirade o que ocorreu.... Mentres ela durmía profundamente unha voz espertouna ....
Anxo: Catalina, Catalinaaaaa...esperta, Catalina.
Catalina: Pero que pasa? Quen es?
Anxo: Son un anxo. Envíame a Virxe a buscarte. Quere falar contigo. Estache esperando na capela. Ven e sígueme.
Catalina:Pero... É realidade ou estou soñando?. 
Narrador 1: Catalina asustada sae da cama e segue ao Anxo sen poder crer o que está pasando. 
Virxe: Catalina , teño que encargarche unha misión. Non temas , non teñas medo. Contarás coa miña axuda, pero terás que confiar en min. 
Catalina: Pero eu? E que hei de facer?. 
Virxe: Has de encargar que che fagan unha medalla para comunicar a todo o mundo a mensaxe que lles quero dar.
Narrador 2: Catalina e a Virxe estiveron falando un intre moi longo. Esa voz tan delicada e tenra de María foi facendo que Catalina se sentise cada vez máis a gusto e confiada e xa non tivese medo. 
Narrador 1: E, daquela ...sucedeu algo incrible. A capela empezou a encherse de nenos que apareceron da nada. Cada un representaba un símbolo da medalla.
Narrador 2: De súpeto fíxose un silencio enorme e todos quedaron inmóbiles como estatuas e... Mellor calo e vedes o que ocorreu....Globo terráqueo: é a expresión de que María é a Raíña do Universo.
Serpe: o pecado e o mal simbolízanse na Biblia coa figura da serpe. María vence o mal.
Raios de luz: nós simbolizamos as grazas e dons que a Virxe derrama.
Cruz: Esta cruz que levo e que vou pór na Medalla Milagrosa, é o sinal de Xesús. Tanto amou ao mundo que morreu nela por nós.
M: Represento o M de María, de Madre...ela non tivo medo, foi valente e dixo que si ao que Deus lle pedía. María foi moi sinxela e entregada en todo momento.
M e Cruz : Colocámonos entrelazadas recordando a colaboración de María con Xesús na SALVACIÓN do mundo 
Corazón1: Son o corazón de Xesús. Represento a acollida, o estar sempre coas mans abertas, o agarimo e a amizade. Coa miña vida quixen demostrar a todas as persoas canto as quere Deus. 
Corazón2: eu son o corazón de María. Non sempre me foi fácil dicir que si porque o amor verdadeiro pide esquecerse dun mesmo, non ser egoísta e preocuparse dos demais. E... ¡uf!, ás veces isto é moi difícil. 
Estrela_1: Son a estrela do Amor, e á Medalla vou.
Estrela_2: Son a estrela do Compartir e se queres podes vir.
Estrela_3: son a estrela da Paz e gústame moito falar.
Estrela_4: son a estrela da Amizade.
Estrela_5: son a estrela do Respecto e por iso douvos un bico.
Estrela_6: son a estrela da Verdade.
Estrela_7: son a estrela do Diálogo e quero falar con vós.
Estrela_8: son a estrela da Solidariedade.
Estrela_9: son a estrela da Alegría e por iso che ofrezo un sorriso
Estrela_10: son a estrela do Esforzo e traballo con satisfacción.
Estrela_11: son a estrela da Ilusión. Sempre que ti queiras, corro a axudarche.
Estrela_12: son a estrela da Esperanza, a esperanza dun mundo mellor.
Narrador_1: Esta é a Medalla Milagrosa.
Virxe: A todos os que leven esta Medalla, eu protexereinos e se me rezan e piden cousas con confianza, eu concedereillas e así, das miñas mans, sairán moitos raios.
Narrador_2: Hoxe ímosvos dar unha medalla a cada un para que a Virxe vos protexa. Pedídelle moitas cousas e non vos esquezades de darlle as grazas.
Todos: OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA... ROGA POR NÓS QUE RECURRIMOS A TI .

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.